PRESENTACIÓN OFICIAL DAS XOCIVIGA 2014
PERSENTACIÓN
O cine e o audiovisual ten orixinado un impacto importante no eido cultural, social e ata económico no entorno do Carballiño, ata tal punto que forma parte da súa imaxe.
As XOCIVIGA foron o revulsivo do audiovisual galego, decisivas na creación das estruturas públicas e privadas do sector audiovisual do noso país, xerando unha maneira de mirar e de crear sinais de referencia.
A partir dos anos noventa o audiovisual galego experimentou un crecemento continuo ata chegar a ser un exemplo de profesionalidade, innovación tecnolóxica e madurez, e moito tivo que ver neste feito a influencia das XOCIVIGA. Os produtos realizados nos últimos 25 anos mostran unha rica diversidade e un gran avance no dominio da linguaxe do medio.
Tratando de recuperar aquela liña argumental que caracterizou o seu nacemento, as XOCIVIGA aspiran a crear un novo espazo que atraia á corrente creativa actual, asumindo o cine como medio de expresión e a necesidade de contribuír ao desenvolvemento de novos proxectos apoiando a súa produción.
Foi e será importante a presenza de Portugal nas XOCIVIGA. As relacións coas institucións cinematográficas de Portugal permitiron, tempo atrás, un importante intercambio de proxectos, a divulgación constante das dúas cinematografías e o inicio das coproducións entre os dous países que converteran ó Carballiño como o punto de referencial para os profesionais do sector. Cara o futuro, pois, as XOCIVIGA apostan por converterse no certame de referencia Galicia-Portugal, extensible ao mundo lusófono.
INAUGURACIÓN
O próximo luns, día 1, dará comezo o programa con un concerto de piano no Auditorio Municipal a cargo de Severiano Casalderrey, con un recital de música de películas apoiado cunha montaxe audiovisual.
Este ano, coincidindo cos trinta anos da súa creación, as XOCIVIGA homenaxean ao Cine Club Carballiño, que no ano 1984 poñía en marcha o que resultou ser o revulsivo do audiovisual galego e o seu organizador durante a maior parte das súas 31 edicións. Neste día será proxectada a primeira película que se exhibira naquela edición inicial, “Manhá Submersa”, e será presentada polo seu director, Lauro Antonio.
Sem comentários:
Enviar um comentário